LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2014/15

LIBROS DE TEXTO

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS DO SERVIZO DE COMEDOR.

. Listado

. Nota informativa

Importante:

O mércores 11 de setembro de 11.00h a 12.00h terá lugar a presentación para os alumnos/as de Educación Primaria e para 5º e 6º de Educación Infantil cos seus correspondentes titores/as.

 

COMEDORES ESCOLARES

Instrución 1-2013 de comedores de xestión directa

Modificación da instrución 1-2013

A PARTIRES DE MAÑÁ DÍA 27/06/13 ENTREGARASE A DOCUMENTACIÓN PARA COMEDORES DO CURSO 2013/14

Lista de libros de texto para o curso 2013/2014 (modificado 27/06/12)
Listas DEFINITIVAS de admitidos no servizo do comedor escolar para o curso 2012-2013
O comezo do curso escolar 2012-2013 terá lugar o próximo mércores 12 de setembro de 11:00 a 12:00 horas.

Listado provisional de alumnos admitidos no comedor para o curso 2012-2013.

Periodo de reclamación.

Listado de libros para o curso 2012-2013.

a

O C.E.I.P. A.D.R. CASTELAO: GAÑADOR DO CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS


 

Todos se esforzaron moito por facelo o mellor posible sabendo que a competencia ía ser grande. O centro participou na modalidade de centros de infantil e primaria baixo o lema: Valentín Paz Andrade: Galego de Corazón” cunha exposición alegre e divertida chea de cores fluorescentes.
O nerviosismo chegou para acabar coa tranquilidade do colexio hai unhas  semanas ao recibir a nova de que eran finalistas do concurso. Os días seguintes estiveron cheos de nervios e emoción, pero finalmente a espera rematou do mellor xeito posible:
GAÑAMOS!
A exposición, que consta de dez carteis e material didáctico será distribuída polos centros de infantil e primaria de toda Galicia, bibliotecas e outras institucións. Pero, para desfrutar dela teremos que esperar ao mes de maio cando se celebre o Día da Letras Galegas.
A celebración deste ano quedará no recordo dos nenos e nenas do colexio por ter acadado este grande logro.

Xa está aberto a prazo para solicitar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012. Podedes ver toda a información premendo no seguinte enlace:

A presentación do novo curso 2011/2012 terá lugar o próximo

luns 12 de setembro de 11 a 12 h.

Agardámosvos a todos.

Listado de libros para o próximo curso 2011-2012.

 

Xa sairon a lista dos nenos de 3 anos admitidos para o curso 2010-2011.
Premede na imaxen para acceder á mesma.

listaxe de admitidos

 

Xa saíron os cursos para a aprendizaxe de linguas estranxeiras destinados aos nenos de 6º curso de Primaria. Premede na imaxe e accederedes á páxina oficial.

Como tódolos anos xa está aquí o Nadal e con él o noso festival. Este ano terá lugar na Pavillón Municipal de Rianxo o próximo Mércores 22 de Decembro. Terá comezo as 10:00 horas e terminará as 13:30.

Os nenos terán que vir o colexio as 9:30 coma tódolos días pero sairan as 13:30 dende o colexio.

Esperamos que podades vir todos e disfrutar connosco.

BO NADAL!!!!

INICIO DO CURSO 2010-2011

A presentación do curso 2010-2011 terá lugar o vindeiro Venres 10 de Setembro de 11:00 a 12:00 horas.

 

 

ADMISION DE ALUMNADO

Queda admitido TODO o alumnado que solicitou praza no centro para o vindeiro curso 2010/2011, incluidos os neno/as que quedaron excluidos na primeira lista para 4º de Ed. Infantil.

Podedes pasar a recoller as becas dos libros en horario de 10.30 a 13.00 horas ata o 29 de xullo.

Publícase a lista de libros para o vindeiro curso 2010/2011. Poden consultar o listado no seguinte enlace:

Listaxe de libros

Publícase a corrección de erros na ADMISIÓN DE ALUMNADO para o curso 2010/11 así como a LISTAXE DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS. Poden consultar os datos no seguinte enlace en formato .pdf

Listaxe de admitidos e non admitidos
no CEIP ADR Castelao de Rianxo.

O próximo 10 de Maio imos celebrar en Rianxo o Correlingua. Virán rapaces e rapazas de Primaria e Secundaria de toda a comarca do Barbanza. En total seremos máis de 2500 participantes. Se queredes saber máis sobre este acontecemento podedes usar este link co programa do día.

Programa Correlingua

Esperemos pasalo todos moi ben.

Xa están publicadas as listaxes de alumnos participantes nos programas de inmersión lingüística para o presente curso 2009/10.

Poden consultarse no enderezo web

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Pode realizarse a consulta tamén na dirección do centro.

Hai un prazo de dez días para corrección de erros.

 

Está aberto o Periodo de Matriculación 2010/2011 dende o 1 de marzo ata o 6 de abril de 2010. A documentación necesaria para a matriculación está á súa disposición no apartado de FAMILIA en "Documentación para descargar" e necesitarán todos estos elementos:

  • 2 fotografías tamaño carné.

CERTIFICADOS:

  • Empadroamento.
  • Sentenza que afirme a garda e custodia se é necesaria.
  • Certificado emitido polos organismos competentes do grao de minusvalía do/a alumno/a.

FOTOCOPIAS COTEXADAS DE:

  • Declaración da Renda do exercicio 2008 ou declaración xurada de non percibir a cantidade suficiente para declarar.
  • Tarxeta sanitaria.
  • Cartilla de vacinacións.
  • Título de familia numerosa.
  • DNI do/a alumno/a ou follas do libro de familia.

 

Aquí teñen un tríptico que lles pode axudar.

TRÍPTICO ANVERSO

TRÍPTICO REVERSO

Chega o Entroido e como tódolos anos imos celebralo facendo o noso tradicional correrúas (todo isto se o tempo o permite). Sairemos as 11:00 da mañán e estaremos de volta a 1:00. O tema dos disfraces deste ano é 'A máquina do tempo. Unha viaxe ao pasado' e según isto cada curso irá disfrazado de:

  • 3 anos: Pebbles e Bam Bam
  • 4 anos: Pedro e Wilma
  • 5 anos: Pablo e Betty
  • 1º ciclo: época medieval
  • 3º curso: vikingos
  • 4º curso: exipcios
  • 5º curso: romanos
  • 6º curso: gregos

Esperamos pasalo todos moi ben e que vós o disfrutedes connosco. Xa sabedes que a partir da 1:00 podedes entrar no centro para sacar fotos, bailar connosco ou o que vos vexades.

Lembrade que ese día, o venres 12, o horario de clases será de 9:30 a 1:30.

 

Un saúdo e

FELIZ ENTROIDO

Xa chega o Nadal e como tódolos anos imos celebralo cun gran festival onde tódolos nenos poderán demostrar as suas dotes artísticas.

O festival terá lugar no Polideportivo de Rianxo a partir das 10:00 da mañán.

Esperamos que podades vir todos.

BO NADAL !!!

 

 

O próximo Venres 13 de Novembro imos celebrar o Magosto na nosa escola. Faremos xogos, deporte e comeremos castañas.

Todo isto se o tempo o permite. O horario escolar nese día será de 9:30 a 13:30 e os nenos comerán no comedor entre as 13:30 e as 14:30. A saida do transporte será ás 15:00.

Cando teñamos as fotos poderedes velas seguindo o seguinte enlace:

 

 

Celebramos o Samaín no colexio e todo o mundo colaborou traendo un montón de cabazas e facendo un montón de actividades relacionadas con esta festa.

Se queres saber máis, preme nestes enlaces: